miércoles, 8 de junio de 2011

igrexa


foto pintura rupestre

HISTORIAA

Historia
[editar] Prehistoria
Consérvanse preto dos lindes cos montes comunais de Meréns unha rocha con petróglifos en forma de ferraduras e mais outra rocha preto da aldea con petróglifos en forma de cazoletas.

[editar] Historia
Existen indicios da existencia dunha via romana non oficial ( tal vez a vía XV que ía cara Castromao,celanova)que comunicaria o val do Arnoia con Zaparín(en ambas localidades atopáronse ara romanas,en Arnoia unha a Xúpiter e o Sol e en zaparín unha a Ceceaigis). Suponse que o lugar foi habitado na alta idade Media no lugar coñecido hoxe como Louredo por colonos do mosteiro de Celanova que ó cheqar ó lugar o atoparon a monte cheo de loureiros,polo que o chamaron "Louredo", logo o lugar sería subforado ó liñaxe dos Puga,xunto con Meréns e Poulo, aínda que se apunta a que un dos menbros desa familia aristocrática arrapiñou con eses territorios aló polo século XV e logo ficaría para sempre en mans deles ata ben entrado o século XX.

O pazo de louredo,pertencente ós Puga é do século XVI, e pertenceu ós Puga como casa de meréns-Louredo ( non confundir coa casa da Torre de Louredo, que é en Toén)que logo os labregos irianlle mercando ( do cal se conserva o topónimo tabolado= dividir en pequenas partes) no NE da aldea, tamén se conserva unha capela no lugar de Louredo, así como un cruceiro do XVIII no lugar da Torre,outro de mellor factura artesanal no lugar do Pireiroe un peto de ánimas en Louredo, cerca de onde se taopan os restos da escola Pía doada por un Indiano. No lugar de Refoxón(foxo=buraco ou fochanca) pasa o camiño vello que unia a aldea con Arnoia(a Remuiño) por onde pasou Frei Martín Sarmiento no século XVIII na súa viaxe ó priorato de Refoxos,este camiño foi sempre usado polos labregos para levar seus sacos de centeo e millo a moer nos muiños do Inquiau,ata que nos anos 70 un veciño instalou un muiño eléctrico e lles aforrou a viaxe. ese camiño seguía cara da Buratiña(= coviña) onde se cruzaba co camiño provinte de Seixomil e Sáa, tras da montaña do Coto da Forca. Durante o século XIX o seu límite co Arnoia nos Confurcos formou parte da zona por onde pasou o xeneral Loison tentando barrer a oposición dos guerrilleiros no seu camiño cara Allariz,así como lugar de paso de varias partidas carlistas cara finais do se´culo XIX, como a de Mateo Guillade (morto en Escudeiros,Ramirás). Durante a guerra civil de 1936 mantivéronse liortas e tesnións entre persoas de varios bandos,na represión tívose constancia dun paseado ( o retrán) polos seus propios veciños e un preso gubernativo (secretario da asociación de Oficios varios do Rabiño),así varios fuxidos ó monte ( monte menora) e un agochado durante tres meses entre o esterco, moitos homes foron reclutados ó igual que noutras parroquias.

[editar] Patrimonio
Pazo de Louredo: Construción civil nobiliaria dun só andel de planta escadrada, cun patio pechado por unha porta principal de arco de medio punto, no cal as xambas exteriores están enfeitadas con cadanseu escudo da familia dos Puga eunha cruz patada sobre peana sobre o dintel decorado éste cunha moldura.
Igrexa parroquial: de 1906 construída por Daniel Vázquez Gulías. No seu interior atópase unha talla de Xesuscristo con brazos móbiles e unha talla románica da Virxe en pedra.
Cruceiro do Pireiro:Cruceiro de pedra con escea da crucifixión,coa figura da Virxe e san Xoán a seus pés,moi deteriorado e solto en partes no muro dunha viña,anteriormente atopábase no cruce da Alfarrapa coa telleirta(soutelo)ata que foi destruido parcialmente nun contronazo cuns bois dun carro,as pezas permaneceron caídas no chan varios anos ata que o dono da viña do pireiro as rescatou a colocou na súa situación actual.
Peto de ánimas: Altar de camiño,hoxe no luigar de Louredo(antertiormente na praza do cazapedo xunto a un cruceiro do XVIII,contén un relevo en pedra dos condeados nas chamas e sobre eles a virxe un anxo e un frade franciscano.anteriormente contaba con dous pináculos barrocos na parte superior.Antes atopábase xunto co cruceiro na prza do cazapedo (niño de cazapos) xunto co cruceiro de A Torre.
Capela de Louredo: Capela de arredores do S XVI-XVIII, de planta rectangular cunha soa nave e tellado a duas augas, n a fachada topábase un minicampanario( hoxe despartado na parte de atrás da capela),ten unha soa porta condúas fiestras a ambos lados e unha moldura que percorre os flancos,dentro no altar hai un oco en forma de medio arco iluminado por dúas fiestra abucinadas a ambos lados, no chan aínda se atopan as lousas antigas de sepultura cos buratos no medio, os vellos do luagra índa lembran quen foi o último en soterrarse alí.

festas


a festa propia do patrón do pobo son as de San Xóan , o 24 de Xuño, pero tamén cabe destacar outra festa moi importante a que acuden os habitantes de Louredo o 21 de Marzo e o 11 de Xullo , as de San Benito do Rabiño , un pobo cercano , cunhas festas de gran tradición

de que vive a xente?


a maioría da xente dedicase ao rural e o campo, e a vivir das pensións que cobran , os poucos novos que viven traballan en viklas próximas como Cortegada, ou incluso Ourense.

vista do pobo coa igrexa de fondo

ESTUDO DEMOGRÁFICO

A maioría da pooación que vive no pobo e xente maior , xubilada a maioría , agás unhas poucas familias de mediana idade con fillos xa mozos e unha ou duas familias con nenos pequenos, logo tamén hai casas que durante o ano estan pechadas e veñen pasar temporadas no veran ou en vacacións( normalmente xente de fora de Galicia)e xente que ven os fins de semana (que vive a diario en Ourense ou Pontevedra.

viernes, 3 de junio de 2011


finalidade da creacción deste blog

Básicamente quería dicir que creei este blog como parte dun traballo de clases , e intentarei actualizalo cando poida

situación xeográfica

É un pobo situado na provincia de Ourense , a 47,7 km de ourense
como chegar:chégase pola A-52, collendo a salida de rivadavia(252), na rotonda tomar a segunda saida dirección Carballiño , e chegarase ata o centro de Rivadavia, dende alí, coller a OU-531 e chegarase o pobo pasando antes por outros como A Arnoia e Remuiño.